Saltar ao contido

casco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Casco militar
Cascos ou auriculares de diadema

Substantivo masculino

casco

  1. Parte da indumentaria destinada a cubrir e protexer a cabeza.
    • Exemplo: O casco dun soldado. Para ir en moto ou ern bicicleta é obrigatorio o emprego do casco Un casco de bombeiro

      .
  2. Unlla do terceiro dedo dos équidos ou as dúas uñas da última falanxe do terceiro e cuarto dedo dos ungulados, coma o boi.
    • Exemplo: No casco pónselles a ferradura aos cabalos

      .
  3. Parte dunha embarcación formada pola quilla e os costados.
    • Exemplo: Están a pintar o casco do meu barco.

  4. Botella baleira de certas bebidas.
    • Exemplo: gardo nunha bolsa os cascos de cervexa para ir botalos no contedor de lixo reciclábel.

  5. Parte metálica dunha lámpada que se enrrosca no portalámpadas e permite a súa conexión ao circuíto eléctrico.
    • {{exemplo|Ten coidado e non te vaias cortar cos anacos de cristal da lámpada que quedaron unidos ao casco.
  6. En heráldica, peza que imita o casco da armadura e serve para timbrar o escudo, poñéndoo inmediatamente encima da liña superior deste.

Substantivo masculino plural

cascos

  1. Aparello formado por dous auriculares unidos por un cabo eléctrico e dotados dun conector.
    • Exemplo: Para escoitar a tele pola noite póñome os cascos para non molestar aos veciños

      .

Termos relacionados

casco antigo, casco de metralla, casco urbano, casco vello, cascos azuis, coroa do casco, lixero de cascos