imitar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /i.mi.'taɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

imitar

  1. Reproducir ou tratar de reproducir a maneira de ser ou de actuar de alguén.
    • Exemplo: Algúns monos imitan o que fan as persoas.

  2. Reproducir ou tratar de reproducir as características de algo.
  3. Parecerse ou asemellarse unha cousa a outra.

Verbo intransitivo

imitar

  1. Ter gran semellanza con outra persoa, no aspecto físico ou no moral.
    • Exemplo: Imítalle ao pai.

Verbo pronominal

imitarse

  1. Ter gran semellanza con outra persoa, no aspecto físico ou no moral.
    • Exemplo: Imítase á irmá no modo de ser.