eléctrico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Fonetica.PNG Pronuncia: /ɛˈlɛktɾiko̝/ (AFI)

Open book 01.png Adxectivo

eléctrico (ms: eléctrico; mpl: eléctricos; fs: eléctrica; fpl: eléctricas)

  1. (Física) Relativo ou pertencente á electricidade, que produce ou funciona con electricidade.
  2. (Figurado) Dise da persoa que presenta moita enerxía, axitación ou nerviosismo.
    • Exemplo: Que che pasa hoxe que andas eléctrico?
  3. Dise da cor que brilla como certas manifestacións da electricidade.
    • Exemplo: Azul eléctrico.

Traducións