falanxe
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo φάλαγξ (phalanks).
- Pronuncia: /faˈlanʃe̝/ (AFI)
singular | plural |
falanxe | falanxes |
- (Anatomía) Cada un dos ósos que conforman o esqueleto dos dedos das mans e dos pés.
- Observacións: son tres ósos en cada dedo, a excepción do primeiro dedo (o polgar e a deda), que só ten dous. Numéranse (1ª, 2ª e 3ª falanxe) contando a partir da man.
- Sinónimos: primeira falanxe ou, propiamente, falanxe (a máis próxima a man ou ó pé), segunda falanxe ou falanxiña, terceira falanxe ou falanxeta.
- Antiga formación de combate dos exércitos gregos.
- (Figurado) Conxunto de persoas que se organizan para conseguir un mesmo fin.
- Termos relacionados: falanxista.
Traducións
- Alemán: Fingerknochen (de).
- Castelán: falange (es).
- Francés: phalange (fr).
- Inglés: phalanx (en).
- Portugués: falange (pt).
Véxase tamén
- Na wikipedia falanxe