amieiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Disambig.svg Grafías semellantes:     Amieiro


Galego

Wikipedia-logo.png
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «amieiro».

Open book 01.png Substantivo masculino

amieiro (sg: amieiro; pl: amieiros)

  1. (Botánica) Árbore caducifolia da familia das betuláceas, Alnus glutinosa, de até 20 ou 30 m de altura (ordinariamente, duns 10 m), co tronco máis ou menos recto, a codia parda agrisada, lisa nos individuos novos e fendida e case negra nos vellos, de follas alternas, arredondadas, de bordos dentados, flores masculinas en amentos cilíndricos colgantes, de até 9 cm e cor parda violácea, e femininas tamén en amentos, pero máis pequenos, que se converten, ao maduraren, en pequenas piñas ovoides, e froitos moi pequenos e estreitamente alados.
  2. Madeira de amieiro (árbore), branca e lixeira, e moi resistente á auga, que se empregou para facer pezas de muíños, pontes, etc. Na actualidade úsase, sobre todo, para facer cuncas, pratos e zocas.

Traducións