branco
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués branco, do latín vulgar *blancus, do protoxermánico *blankaz, do protoindoeuropeo *bʰleg- ("brillar").
- Pronuncia: /ˈbɾaŋko̝/ (AFI)
branco (ms: branco; mpl: brancos; fs: branca; fpl: brancas)
- De cor branca.
- Exemplo: Tiña o rostro branco coma a neve.
- Exemplo: Tiña o rostro branco coma a neve.
- De cor tan clara que semella branca.
- Exemplo: O leite é un líquido branco de sabor doce, viño branco.
- Exemplo: O leite é un líquido branco de sabor doce, viño branco.
- Aplicado ós peixes, dise dos que teñen un contido en graxa do 2% ou menos, o que representa unha achega de menos de 100 calorías por 100 gramos.
- Termos relacionados: azul (peixe).
- Aplicado ás carnes, dise das de polo ou coello, en contraposición coa carne vermella do vacún ou porco.
- Aplicado ó pan, dise do feito con fariña triga, en contraposición ó pan moreno (feito con fariña centea) ou á boroa (con fariña milla).
- Caldo resultado da cocción de carne ou ósos, sen graxa nin outros ingredientes.
- Exemplo: Prepáralle un caldo branco e xa verás que ben lle acae.
- Exemplo: Prepáralle un caldo branco e xa verás que ben lle acae.
- Refirido á raza humana, de pel de cor clara.
- Exemplo: As persoas de raza branca son máis sensibles ós efectos nocivos do sol.
- Sinónimos: caucásico.
- Observacións: U. t. c. s.: Os brancos asoballaron os negros sistematicamente.
- Exemplo: As persoas de raza branca son máis sensibles ós efectos nocivos do sol.
Traducións
branco (sg: branco; pl: brancos)
- Cor formada pola reflexión de tódalas lonxitudes de onda visibles e, polo tanto, que reflicte toda a luz. A cor da neve.
- Exemplo: O branco da parede está tan sucio que ata semella gris.
- Exemplo: O branco da parede está tan sucio que ata semella gris.
- Obxectivo, punto ó que se dirixe o disparo dunha arma de fogo, seta, pedra, etc.
- (Alimentación) Viño branco.
Termos relacionados
Locucións substantivas
- arma branca: dise dos coitelos, espadas e armas de fío semellantes. As feridas de arma branca deben ser comunicadas ó xuíz.
- branco da árbore: a parte do tronco das árbores inmediatamente debaixo da cortiza.
- branco da uña: franxa abrancazada, curvada, na base das uñas.
- branco do ollo: zona branca do ollo -esclerótica- en contraposición ó iris, que é a zona central coloreada.
- branco do ovo: clara do ovo.
- branco e negro: sistema de impresión, cine ou televisión que só utiliza estas cores e as variacións de gris. Gústanme especialmente as fotos en branco e negro.
- roupa branca: dise da roupa ou tecido, usualmente sen tinxir, que se usa como roupa interior, nas camas, mantelerías, etc.
Locucións verbais
- dar carta branca: autorizar, permitir facer algo. A ocupación comezou en canto lles dean carta branca.
- dar no branco: acertar, consegui-lo obxectivo desexado.
- facer do branco negro: terxiversa-lo que un dixo, muda-lo acordo.
- non facer branca: non facer nada, non traballar. Sin. Non dar pancada, non dar un pau á auga.
Locucións de modo
- en branco: sen imprimir. Houbo un fallo na impresora e quedaron varias páxinas en branco.
- en branco: sen capacidade de pensar ou reaccionar. Quedouse en branco e non soubo que facer.
- sen branca: sen diñeiro [1]. Por non ter tino quedouse axiña sen branca
Notas
- ↑ A branca era unha moeda que houbo hai tempo.
Traducións
- Alemán: weiß (de).
- Asturiano: blancu (ast)
- Castelán: blanco (es).
- Danés: hvid (da).
- Esloveno: bel (sl).
- Francés: blanc (fr).
- Inglés: white (en).
- Italiano: bianco (it).
- Náhuatl: iztac (nah)
- Portugués: branco (pt).
- Siciliano: biancu (scn)
Galego-portugués
- Etimoloxía: do latín vulgar *blancus, do protoxermánico *blankaz, do protoindoeuropeo *bʰleg- ("brillar").
branco (ms: branco; mpl: brancos; fs: branca; fpl: brancas)
Descendentes
Portugués
- Etimoloxía: do galego-portugués branco, do latín vulgar *blancus, do protoxermánico *blankaz, do protoindoeuropeo *bʰleg- ("brillar").
branco (sg: branco; pl: brancos)
branco (ms: branco; mpl: brancos; fs: branca; fpl: brancas)
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do galego-portugués
- Entradas en galego derivadas do latín vulgar
- Entradas en galego derivadas do protoxermánico
- Entradas en galego derivadas do protoindoeuropeo
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Adxectivos en galego
- Substantivos masculinos en galego
- Alimentación en galego
- Galego-portugués
- Entradas en galego-portugués derivadas do latín vulgar
- Entradas en galego-portugués derivadas do protoxermánico
- Entradas en galego-portugués derivadas do protoindoeuropeo
- Entradas en galego-portugués con etimoloxía
- Adxectivos en galego-portugués
- Portugués
- Entradas en portugués derivadas do galego-portugués
- Entradas en portugués derivadas do latín vulgar
- Entradas en portugués derivadas do protoxermánico
- Entradas en portugués derivadas do protoindoeuropeo
- Entradas en portugués con etimoloxía
- Substantivos masculinos en portugués
- Adxectivos en portugués