froito
Aparencia
Galego
Pronuncia: /ˈfɾoj.tʊ/ (AFI)
froito (sg: froito; pl: froitos)
- Órgano das plantas resultante da fecundación e transformación (maduración) do ovario da flor, característico pois das plantas anxiospermas. A súa función é protexe-las sementes e contribuír á súa diseminación. Nesta transformación, a parede do ovario dá lugar ó pericarpo do froito e o óvulo á semente. A forma, consistencia, tamaño e aspecto en xeral son moi variables segundo a especie da que proveña.
- Exemplo: A mazá é o froito da maceira
.
- Exemplo: A mazá é o froito da maceira
- (Por extensión) O que produce a terra cultivada.
- Exemplo: A xeada estragou o froito da horta
.
- Exemplo: A xeada estragou o froito da horta
- (Figurado) Resultado dun traballo.
- Exemplo: Quedou moi satisfeito do froito obtido tras tanto esforzo
.
- Exemplo: Quedou moi satisfeito do froito obtido tras tanto esforzo
Observacións
- Na súa primeira acepción, non se debe confundir con «froita», que é un concepto gastronómico.