liso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'li.so̯/ (AFI)

Adxectivo

liso (ms: liso; mpl: lisos; fs: lisa; fpl: lisas)

  1. Que non ten desniveis.
    • Exemplo: Un campo liso.

  2. Dito do cabelo, que non é crecho.
    • Exemplo: A rapaza ten unha melena lisa

      .
  3. Dito dunha tea, que é dunha soa cor e non ten debuxos.
    • Exemplo: Merquei varios panos lisos para facer unhas cortinas

      .
  4. (Anatomía) e (Fisioloxía) Dise dun músculo que non é estriado e que, por tanto, se contrae involuntariamente.
    • Exemplo: Os músculos lisos forman parte das paredes de órganos internos. Fibra muscular lisa

      .
  5. (Deportes) Que non ten obstáculos.
    • Exemplo: O noso atleta gañou a carreira dos cen metros lisos

      .
  6. (Figurado) Dito dun estilo literario, que non é complicado.
    • Exemplo: O autor describiu aos seus persoaxes con expresións lisas

      .