-alxia
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo άλγος (dor, sufrimento).
- Pronuncia: [ˈal.ʃjɐ] (AFI)
-alxia
- Definición impropia: Sufixo de orixe grega empregado para a formación de varios termos da linguaxe médica co significado de 'dor' no lugar indicado polo primeiro elemento, como en: cardialxia, cefalalxia, gastralxia, odontalxia, otalxia, coxalxia e lumbalxia.
Observacións
- Nótese que os dous últimos exemplos citados son compostos híbridos, nos que o primeiro elemento é de orixe latina: coxa (cadeira) e lumbus (ril, rexión dos riles). Polo tanto desde o punto de vista da terminoloxía científica serían incorrectos, pero de feito úsanse en todos os idiomas, por exemplo:
- Alemán: Koxalgie (de)
- Castelán: coxalgia (es)
- Catalán: coxàlgia (ca)
- Francés: coxalgie (es)
- Inglés: coxalgia (en)
- Italiano: coxalgia (it)
- Portugués: coxalgia (pt)
- A única maneira de escapar da incorrección lingüística sería considerar o sufixo -algia como elemento do latín científico, como fai, entre outros, o dicionario Webster's. De todos os xeitos cómpre dicir que os outros exemplos citados son, en latín científico, préstamos directos do grego clásico, que xa os empregaba: