composto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kom.'pɔs.to̯/ (AFI)

Adxectivo

composto (ms: composto; mpl: compostos; fs: composta; fpl: compostas)

  1. Que está formado por dous ou máis elementos.
    • Exemplo: Apelido composto. O cloruro sódico é un corpo composto.

  2. Dito dunha persoa, que vai aseada, ben vestida e ben peiteada.
    • Exemplo: Asistiu á voda moi ben composta.

  3. (Arquitectura) Propio da orde composta.
    • Exemplo: Capiteis compostos.

  4. (Gramática) Dito dunha palabra, que está formada por composición.
    • Exemplo: Cortacéspede e artrópodo son palabras compostas

      .

Substantivo feminino

composta (sg: composta; pl: compostas)

  1. (Botánica) Planta que ten follas simples e flores reunidas en inflorescencias nun receptáculo común.
    • Exemplo: A dalia, a alcachofa e o cardo son plantas compostas.

Substantivo masculino

composto (sg: composto; pl: compostos)

  1. (Química) Substancia formada por dous ou máis elementos.
    • Exemplo: O ácido sulfúrico está composto por tres elementos

      .

Substantivo feminino plural

compostas

  1. (Botánica) Familia de plantas dicotiledóneas que poden ser herbáceas, arbustivas ou arbóreas, de aspectos moi variados, con follas alternas ou opostas e flores pentámeras reunidas en capítulos, que se utilizan algunhas como alimento, outras como ornamentais e unhas poucas como medicinais.
    • Exemplo: O áster e o crisantemo son plantas compostas.

Substantivo feminino singular

composto (sg: composta; pl: compostas)

  1. (Botánica) Planta desta familia.

Termos relacionados

capitalización composta, capitel composto, columna composta, composto acíclico, composto alicíclico, composto aromático, composto cíclico, composto léxico, composto inorgánico, composto orgánico, composto propio, composto heterocíclico, composto insaturado, composto organometalico, composto químico, composto saturado, composto sintagmático, condicional composto, corpo composto, estado composto, flor composta, folla composta,futuro composto, infinitivo composto, interese composto, futuro composto, material composto, movemento composto, número composto, ollo composto, oración composta, orde composta, prato composto, pretérito perfecto composto, quebrado composto, regra de tres composta, tempo composto, xerundio composto.