Saltar ao contido

significado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «significado».
  • Pronuncia: [siɡ.ni.fiˈka.ðʊ] (AFI)

Substantivo masculino

significado (sg: significado; pl: significados)

  1. Contido que transmite un texto ou discurso.
  2. Importancia ou significación dalgunha cousa, obra, persoa ou institución.
  3. (Lingüística) Contido semántico que, xunto co significante, constitúe o signo lingüístico.

Adxectivo

significado (ms: significado; mpl: significados; fs: significada; fpl: significadas)

  1. Que por méritos ou calidade ten importancia ou significación.

Sinónimos

Traducións