plataforma

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Plataforma dunha estación
Zapatos de plataforma

Substantivo feminino

plataforma (sg: plataforma; pl: plataformas)

  1. Taboleiro plano e horizontal, elevado sobre o chan, onde se colocan persoas o cuosas.
    • Exemplo: Na festa, a orquestra tocaba sobre unha plataforma. Na feira de artesanía había plataformas con xoias e monecas.

  2. Superficie que, nas estacións de ferroviarias, se sitúa ao longo da vía para que poidan andar os pasaxeiros e as persoas que os van a despedir ou a esperar.
    • {{exemplo|Estábanme esperando na plataforma.
  3. Parte anterior ou posterior dun vehículo de transporte público, que está a carón da porta.
    • Exemplo: Había tanta xente que a plataforma do tranvía estaba ateigada de persoas.

  4. Vagón ferroviario descuberto, habitualmente sen bordos ou con bordos de pouca altura, destinados ao transporte de mercancías.
    • Exemplo: A estación chagaban cada día trens con dez vagóns coas </plataformas cheas de troncos de eucalipto.

  5. Peza de material lixeiro que determinados calzados levan sobre a sola.
    • Exemplo: Á miña filla gústalle levar ás festas zapatos de plataforma.

  6. (Figurado) Conxunto de persoas que dirixen un movemento reivindicativo.
    • Exemplo: A plataforma veciñal conseguiu os seus propósitos.

  7. (Figurado) Programa ou conxunto de reivindicacións ou exixencias que presenta un grupo político, sindical ou profesional, que se agrupan movidos por unhas reivindicacións ou ideas comúns.
    • Exemplo: A plataforma de médicos de familia foi recibida polo Conslleiro de Saúde.

  8. (Informática) Entorno informático determinado, que utiliza sistemas compatíbeis entre si.
    • Exemplo: Un exemplo dunha plataforma informática é unha computadora de escritorio con Microsoft Windows instalado

      .
  9. Bastidor ou chasis dun vehículo.
    • Exemplo: Os operarios repararon a plataforma do coche.

Termos relacionados

plataforma continental, plataforma de xeo, plataforma insular, plataforma petrolífera, plataforma xiratoria