longo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Entrada incompleta

Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa.


Galego

  • Pronuncia: [ˈloŋ.gʊ] (AFI)

Adxectivo

longo (ms: longo; mpl: longos; fs: longa; fpl: longas)

  1. Que ten unha grande extensión física entre os seus extremos.
    • Sinónimos: prolongado, extenso
    • Antónimos: breve, curto
    • Exemplo: Tiña vinte e dous anos, as pernas longas e bronceadas e unha melena negra, longa e espesa.
      Dávila, Berta (2010) A arte do fracaso.

  2. Que dura moito tempo ou máis do esperado.
    • Antónimos: breve, curto
    • Exemplo: O psicanalista falou con voz pausada ó final da longa sesión.
      Caveiro, Laura (2000) As naos afondando.

  3. (Fonética) Que ten maior duración, unha vogal ou sílaba.

Traducións

Substantivo masculino

longo (sg: longo; pl: longos)

  1. A maior dimensión que ten unha superficie.
  2. (Deportes) Percorrido da maior dimensión dunha piscina.


Portugués

Adxectivo

longo (ms: longo; mpl: longos; fs: longa; fpl: longas)

  1. Longo.