plataforma continental
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de plataforma e continental.
- (Xeoloxía) A plataforma continental é a superficie dun fondo submarino próximo á costa con profundidades inferiores a 200 m. Nace na liña da costa e esténdese até o noiro continental. A súa amplitude desde a liña da costa é moi variábel, desde uns poucos metros até centos de quilómetros. É a continuación submarina dos continentes, é dicir, o seu basamento xeolóxico está constituído pola codia continental. As plataformas continentais cobren unha superficie duns 27 millóns de km2, o que equivale a un 7 % de la superficie dos océanos. Nela abunda a vida animal e vexetal, polo que é de grande importancia económica. A auga que a cobre adoita conter vida mariña en abundancia, e a maior parte da pesca realízase nesta zona. Ademais alí encóntrase a cuarta parte da produción mundial de petróleo e gas natural procedentes das rochas que se encontran baixo dela.