grade
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín cratem, acusativo de cratis, -is, 'canizo'.
- Pronuncia: /'ɣɾa.ðe̯/ (AFI)
grade
(sg: grade; pl: grades)
- Utensilio de labranza consistente nun bastidor de madeira ou de aceiro formado por varios travesos que levan dentes que fan o labor de desfacer a terra despois da labra e de achanzala.
- Utensilio de labranza mecánico formado por unha serie de discos metálicos dispostos en paralelo cos que se desfai a terra.
- Estrutura de madeira ou metal formada por barras delgadas cruzadas, que serve para impedir o paso a un lugar.
- Conxunto formado polos elementos sustentantes dos hórreos.
- Reixa que impide o paso na porta dos conventos.