achanzar
Aparencia
Galego
Pronuncia: /atʃanˈθaɾ/ (AFI)
achanzar transitivo
1. Deixar unha superficie sen engurras nin asperezas.
2. Encher un terreo ou derrubar un edificio ou construción.
3. (Figurado) Superar unha dificultade e quitar atrancos para que outros realicen ese labor (achanzou o camiño).
achanzar transitivo e pronominal
4. (Figurado) Conformarse ó perder un o pulo ou o ánimo.
Sinónimos
1. achandar, achaiar, alisar, aplanar.
4. abater, achaiar, chafar, aplanar.
Conxugación
Verbo semirregular da 1ª conxugación
| Infinitivo | achanzar |
| Xerundio | achanzando |
| Participio | achanzado, achanzada, achanzados, achanzadas |
| 1 Vostede(s) |