hórreo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués orreo, do latín horreum, do grego antigo ὡρεῖον.
- Pronuncia: /ˈore̯o̝/ (AFI)
hórreo (sg: hórreo; pl: hórreos)
- (Arquitectura) Construción destinada a almacenar e conservar alimentos, especialmente millo para o gando e outros animais domésticos. Nestas construcións danse sistemas que evitan a entrada a elas de animais indesexados, especialmente roedores, así como unha boa ventilación que evita graves problemas de humidade, ademais de que evitan un contacto directo co chan. É típico da Península Ibérica, especialmente Galiza, Asturias e norte de Portugal, aínda que se poden atopar exemplos semellantes por todo o mundo.
Sinónimos
- cabaceira, cabaceiro, cabaz, cabazo, calostra, calustra, canizo, caustra, celeiro, espigueiro, piorno