barra
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: de orixe incerta, quizáis do latín vulgar *barra, ou do latín medieval barra 'barreira', documentada no século XII.
Pronuncia: /bʌ.'rrʌ/ (AFI)
Substantivo feminino
barra (sg: barra; pl: barras)
- Peza longa e delgada de metal ou outro material ríxido, polo xeral en forma de cilindro ou de prisma.
- Exemplo: Ían armados con barras de aceiro. Co golpe rompeu a barra da bicicleta.
- Peza longa que hai nos bares ao longo do mostrador.
- Exemplo: Pousou as mans na barra.
- Por extensión, taboleiro ou moble estreito que hai nos bares e cafetarías para servir o que piden os clientes.
- Exemplo: O camareiro deixou as cervexas na barra.
- Peza de pan de forma alongada.
- Exemplo: Gústame máis o molete ca a barra.
- Alimento sólido en forma de prisma.
- Exemplo: Unha barra de xeado.
- Nube que se ve ás veces despois de poñerse o Sol.
- Exemplo: Hoxe o ceo está cheo de barras.
- Banco ou baixo de area na desembocadura dun río, que fai perigosa a navegación.
- Exemplo: O barco encallou na barra do río.
- Trazo delgado e oblicuo (/) que, nunha liña de escritura, serve para separar números, versos nun poema, etc.
- Exemplo: Separar con dúas barras cada acepción.
- (Heráldica) Faixa que atravesa en diagonal o campo do escudo desde o ángulo superior esquerdo ao inferior dereito.
- Exemplo: As cinco barras dos Quiroga.