amigo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Amigo

Galego

  • Pronuncia: /a.ˈmi.ɡo/ (AFI)

Adxectivo

amigo (ms: amigo; mpl: amigos; fs: amiga; fpl: amigas)

  1. Con quen se ten unha amizade.
  2. Con quen se ten unha relación sentimental.
  3. Con quen se teñen relacións sexuais fóra do matrimonio.
  4. Partidario de un ou con quen se mantén boas relacións.
  5. [Persoa] que acompaña ou é acompañada, ben por traballar con un mesmo, por ter relación de parella ou por andar á par.
  6. [Persoa ou ente] que pertence ó mesmo grupo que outras e en relación a estas.

Traducións

Interxección

amigo (ms: amigo; mpl: amigos; fs: amiga; fpl: amigas)

  1. Definición impropia: vocábulo vocativo empregado para denominar ou chamar a atención dun compañeiro ou acompañante.

Traducións

Substantivo

amigo (ms: amigo; mpl: amigos; fs: amiga; fpl: amigas)

  1. Persoa coa que se ten unha amizade.
  2. Persoa coa que se ten unha relación sentimental.
  3. Persoa coa que se teñen relacións sexuais fóra do matrimonio.
  4. Persoa, cousa ou institución partidaria de un, favorable a un ou ten boas relacións.
  5. Persoa que acompaña ou é acompañada, ben por traballar con un mesmo, por ter relación de parella ou por andar á par.
  6. Persoa ou ente que pertence ó mesmo grupo ca outras e en relación a estas.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

Substantivo

amigo

  1. Amigo (persoa coa que se ten unha amizade).


Portugués

Substantivo

amigo

  1. Amigo (persoa coa que se ten unha amizade).