análise

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /aˈnalise̝/ (AFI)

Substantivo feminino

análise (sg: análise; pl: análises)

  1. Proceso lóxico que consiste na investigación das estruturas básicas dunha información.
  2. Documento que revisa, separa ou fai un resume dos elementos ou principios dun tema ou dunha obra.
  3. (Filosofía) Método que permite establecer nocións simples partindo dunha noción composta.
  4. (Medicina) Exame químico ou bacteriolóxico dos humores ou tecidos cun fin diagnóstico.
  5. (Lingüística) Exame das palabras do discurso, para determinar a categoría, oficio, accidentes e propiedades gramaticais de cada unha delas.
  6. (Química) Procedemento para coñecer a composición química dun produto.
  7. (Matemáticas) Ramo da matemática que estuda as propiedades topolóxicas en estruturas alxébricas.
  8. (Psicoloxía) Proceso que se destina á investigación psicolóxica e á orientación do paciente (tendo como referencial os datos xurdidos dese proceso de investigación), coa finalidade de tratamento de problemas psíquicos, de entre outras demandas traídas polo paciente.
  9. (Informática) Etapa da creación dun sistema informático na que se recopilan, identifican, clasifican e documentan os requirimentos do mesmo.

Traducións

Véxase tamén

Portugués

Substantivo feminino

análise (sg: análise; pl: análises)

  1. Análise.