agulla
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /aˈɣuʎa̝/ (AFI)
agulla (sg: agulla; pl: agullas)
- Ferramenta puntiaguda que se emprega para coser, bordar ou tecer e que, agás as de facer punto, posúe un ollo por onde se pasa o fío.
- (Medicina) Barriña puntiaguda e oca, cortada a bisel, empregada normalmente cunha xeringa para inxectar substancias no corpo (Agulla hipodérmica).
- Puga de metal que se move sobre un plano.
- (Arquitectura) Chapitel estreito e alto con forma de punta.
- (Arquitectura) Cada unha das dúas pezas verticais (formada á sua vez por unha ou máis pezas) que delimitan lateralmente o van dunha porta ou ventá e sosteñen o lintel ou o arco que as pecha superiormente.
- Sinónimos: macheta, pé dereito, tranqueiro, ucheira, xamba.
- Parte do lombo dos animais, próxima á cabeza, onde se xuntan os membros anteriores co espiñazo.
- (Alimentación) Por extensión, peza de carne que se extrae da rexión anterior e da musculatura dorsolateral do pescozo.
- Exemplo: A carne de agulla é pouca e sabe ben, mais non é para quen fillos ten.
- Exemplo: A carne de agulla é pouca e sabe ben, mais non é para quen fillos ten.
- (Ictioloxía, alimentación) Peixe da familia dos belónidos, de corpo longo e estreito e coas mandíbulas moi afiadas.
- Nome científico: Belone belone.
- Raíl móbil que permite o cambio de vía dun tren ou panca e aparello que produce tal cambio.
- Punzón que provoca a detonación do fulminante ó bater na parte posterior do cartucho.
- (Mariña) Aparato destinado a rexistrar a dirección da quilla dun barco.
- (Topografía) Pequenos elementos auxiliares utilizados para marcar transitoriamente no terreo puntos que forman parte dunha medición maior.