Saltar ao contido

concorrer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /koŋ.ko.'rer/ (AFI)

Verbo intransitivo

concorrer

  1. Dito de diferentes persoas, sucesos ou cousas, xuntarse nun mesmo lugar ou tempo.
    • Exemplo: Na romaría de Loreto concorren xentes de toda a Barbanza norte.

  2. Dito de diferentes calidades ou circunstancias, coincidir en alguén ou en algo.
    • Exemplo: Cómpre examinar todos os detalles que concorren no caso.

  3. Contribuír cunha cantidade para un determinado fin.
    • Exemplo: Xerardo e o seu curmám Antón concorreron con mil euros para as festas da parroquia.

Termos relacionados

concorrencia, concorrente, concorrentemente, concorrido

Traducións

Conxugación