Saltar ao contido

cadrar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ka.ˈðɾaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

cadrar

  1. Vir ben algo para o que se está a facer, ou para o que se quere, conformarse unha cousa con outra.
    • Exemplo: Cadrounos moi ben que se adiase a reunión, porque tiñamos outro compromiso. Penso que a este cuarto lle cadraban mellor outos mobles.

  2. Corresponderse unha cousa de xeito adecuado con outra.
    • Exemplo: Eu e ti temos dúas versións que non cadran.

  3. Darse a circunstancia ou a oportunidade que se expresa.
    • Exemplo: Se che cadra de pasares por alí, dálle o recado

      .
  4. Coincidir un día do mes cun determinado día da semana.
    • Exemplo: Hai que fastidiarse, o primeiro de maio cadra en domingo

      .
  5. Coincidir algo cunha data determinada.
    • Exemplo: Este ano o Entroido cadra en febreiro

      .
  6. Estar algo nun lugar determinado.
    • Exemplo: A escola cádrame lonxe da casa

      .

Observacións

Verbo transitivo

cadrar

  1. Dar forma cadrada a unha cousa.
    • Exemplo: O carpinteiro cadrou ben a esquina do moble

      .
  2. (Economía) Coincidir nunha conta as cantidades do debe e do haber.
    • Exemplo: Costoume moito traballo cadrar as contas da empresa.

Verbo pronominal

cadrarse

  1. (Exército) Adoptar un militar a posición de firmes.
    • Exemplo: Os soldados cadráronse cando chegou o oficial

      .

Traducións

Conxugación