Saltar ao contido

contar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /konˈtaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

contar

  1. Determinar o número de elementos dun conxunto, asignándolles ou dicindo os números por orde.
  2. Ir dicindo ou enumerando os números por orde.
  3. Incluír algo ou alguén nunha lista, relación, conta ou conxunto.
  4. Ter en consideración algo ou alguén, especialmente para valorar unha decisión.
  5. Ter a esperanza de que algo aconteza.
  6. Ter unha determinada idade.
  7. Expoñer oralmente un conto, historia, lenda, suceso ou acontecemento.

Verbo intransitivo

contar

  1. Ter importancia, valor ou influencia para algo.
  2. (contar con) Dispoñer da cousa ou persoa que se expresa.
  3. (contar con) Incluír algo ou alguén na participación dunha cousa.
  4. (contar con) Esperar ou confiar en que algo aconteza como se prevé.
  5. (contar con) Ter certa idade, antigüidade ou tempo de existencia.
    • Sinónimos: ter, sumar, acadar
    • Termos relacionados: idade, antigüidade, tempo, anos
    • Exemplo: Este monumento conta con máis de cen anos.

    • Exemplo: A asociación conta xa con tres décadas de historia.


Verbo pronominal

contarse

  1. Incluírse unha persoa ou cousa dentro dun grupo, lista ou conxunto.
  2. Narrarse ou relatarse un conto, historia ou suceso.

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias


Castelán

Verbo

contar

  1. Contar.


Catalán

Verbo

contar

  1. Contar.


Portugués

Verbo

contar

  1. Contar.