Saltar ao contido

cadro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'ka.ðɾo̯/ (AFI)

Substantivo masculino

cadro (sg: cadro; pl: cadros)

Os comedores de patacas
cadro costumista de Van Gogh
  1. (Xeometría) Superficie con límites rectos e perpendiculares entre si. É dicir, superficie limitada por segmentos que forman ángulos de 90º. Ás veces denomínase así ó cadrado ou ó rectángulo.
    • Exemplo: Trazou un cadro sobre o papel e un boceto do logotipo no seu interior.

    • Sinónimos: cadrado
  2. (Pintura) Lenzo de pintura, obra pictórica sobre lenzo, madeira, papel, etc.
    • Exemplo: Esta noite imos celebrar que vendín o último cadro que pintei.

  3. (Por extensión) Marco dun lenzo.
  4. Bastidor tubular das bicicletas e motocicletas.
  5. (Economía) Conxunto de mandos ou directivos dunha empresa ou organización.
    • Exemplo: Hai que aumentar a porcentaxe de mulleres nos cadros das grandes empresas deste país.

    • Exemplo: Suscribín un seguro privado porque me ofreceron un cadro médico de calidade.

Termos relacionados

Traducións