emitir

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ɛmiˈtiɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

emitir

  1. Producir ou botar algo fóra de si.
  2. (Economía) Poñer en circulación diñeiro, valores, títulos...
  3. Expresar para coñecemento xeral unha opinión, xuízo, sentenza...
  4. (Física) Producir e enviar partículas ou radiacións desde un lugar.
  5. Transmitir un programa especialmente de radio ou televisión por ondas electromagnéticas.

Termos relacionados

Traducións

Conxugación