Saltar ao contido

á

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     A ,    Å ,    a ,    à ,    a. ,    a- ,    -a ,    æ ,    А ,    а

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «á».

á1

  • Pronuncia: [aː] (AFI)

Contracción

á

  1. Definición impropia: contracción da preposición «a» e mais o artigo determinado feminino singular «a».

Termos relacionados

á2

Substantivo feminino

Debuxo das ás dun paxaro
Animación do movemento das ás dun insecto.
Lenda:
a: ás
b: unións
c: músculos dorsoventrais
d: músculos lonxitudinais

á (sg: á; pl: ás)

  1. (Zooloxía) Membro cunha ampla superficie de sustentación, propio dos animais adaptados ao voo, (quirópteros, aves e insectos). Nas aves, está constituída polos ósos da extremidade torácica e por apéndices tegumentarios, as plumas.
  2. (Anatomía) Estrutura, normalmente eminencia ou apófise, que se acha a cada lado dun órgano impar, e que son máis ou menos simétricas. As máis importantes son as do esfenoide, as do solo do cuarto ventrículo e algunhas eminencias óseas, como as do ilio ou do sacro.
  3. (Botánica) Cada un dos dous pétalos laterais da corola das flores das papilionáceas.
  4. (Botánica) Calquera expansión laminar, foliácea ou membranosa, que se pode presentar en diversos órganos vexetais, como caules, pecíolos, froitos ou sementes.
  5. (Xeoloxía) Cada un dos dous lados dunha dobra.
  6. (Zooloxía) Labio dalgunhas cunchas de moluscos gasterópodos.
  7. Superficie en forma de lámina plana con carácter independente que sobresae do corpo xeral dunha estrutura.
  8. Parte dun edificio diferente da zona principal, normalmente situada nunha zona lateral do espazo.
  9. (Alimentación) Parte da ave cociñada.

Galería

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións

Referencias

VV. AA. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. p. 21. ISBN 9788445350560.


Portugués

Substantivo masculino

á (sg: á; pl: ás)

  1. A.