ás

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     As ,    as

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ás».

ás1

  • Pronuncia: /ˈas/ (AFI)

Substantivo feminino

ás (sg: ás; pl: ases)

  1. (Historia) Moeda romana de bronce.
  2. Carta da baralla que ten o número un.
  3. Cara do dado con un punto.
  4. (Figurado) Persoa que destaca nunha actividade.

ás2

  • Pronuncia: /aːs/ (AFI)

Contracción

ás

  1. Definición impropia: contracción da preposición «a» e máis o artigo determinado feminino plural «as».

Termos relacionados

ás3

  • Etimoloxía: de á.
  • Pronuncia: /aːs/ (AFI)

Substantivo feminino

ás (sg: á; pl: ás)

  1. Plural de á.