microkini

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Muller en microkini
Unha modelo en microkini. Foto tomada en Fort Lauderdale, durante a celebración do Hot Body Contest (Concurso de corpos quentes) en abril de 2006
  • Pronuncia: /ml.kro.'ki.ni/ (AFI)

Substantivo masculino

microkini (sg: microkini; pl: microkinis)

  1. O microkini é a variante mais reducida do bikini, xa que as súas tres pezas triangulares cobren apenas a vulva e unha pequena parte dos peitos, quedando á vista as nádegas, dando lugar a que os seus diminutos deseños, que practicamente deixan todo o corpo ao descuberto, permitindo, ademais do seu erotismo, que unha maior parte da pel quede exposta aos raios do sol. Utilízase sobre todo nos Estados Unidos e en Suramérica, onde o feito de que unha muller mostre as tetas en público está prohibido. En Europa, onde os seu uso está a aumentar, autorízase seu uso en zonas de praia, hoteis e piscinas públicas. En sociedades máis conservadoras, como nos países árabes, considérase culturalmente inaceptábel e o seu uso pode levar á imposición de sancións por consideralo como «un acto obsceno».

Sinónimos