acto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «acto».
  • Pronuncia: /ˈakto̝/ (AFI)

Substantivo masculino

acto (sg: acto; pl: actos)

  1. Acción realizada polo ser humano, considerada, sobre todo, no seu aspecto obxectivo.
    • Exemplo: Un acto de violencia. Polos seus actos coñecemos as persoas

      .
  2. Feito ou acontecemento público ou solemne.
    • Exemplo: Acto académico. Nas festas deste ano están programados moitos actos culturais

      .
  3. Cada unha das partes principais en que se divide unha obra de teatro.
    • Exemplo: Unha traxedia en tres actos.

  4. Concentración do ánimo nun sentimento ou disposición.
    • Exemplo: Acto de fe. Acto de humildade. Acto de contrición

      .
  5. Cada unha das actividades públicas que se celebraban nas universidades como demostración de competencia en distintas materias.
    • Exemplo: Acto de proclamación de doutor honoris causa.

  6. (Dereito) Disposición legal.
    • Exemplo: Acto de absolución.

  7. (Filosofía) O real, o que é determinación ou perfección da potencia.
  8. (Historia) Medida lineal romana que tiña 120 pés, cerca de 36 metros de longo.

Termos relacionados

acto administrativo, acto cadrado, acto de conciliación, acto de presenza, acto entitativo, acto formal, acto humano, acto ilícito, acto mínimo, acto puro, acto seguido, acto sexual, acto verbal, acto xurídico, facer acto de presenza, no acto