orgánico
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ɔɾ.ˈɣa.ni.ko̯/ (AFI)
orgánico (ms: orgánico; mpl: orgánicos; fs: orgánica; fpl: orgánicas)
- Relativo ou pertencente a un órgano ou a un sistema de órganos, especialmente os dun ser vivo.
- Exemplo: Trastornos orgánicos. A estrutura orgánica dos vexetais
.
- Exemplo: Trastornos orgánicos. A estrutura orgánica dos vexetais
- Relativo ou pertencente á organización dun estado ou dunha entidade.
- Exemplo: Lei orgánica. Democracia orgánica
.
- Exemplo: Lei orgánica. Democracia orgánica
- (Medicina) Dito dun síntoma ou dun trastorno, indica unha alteración que vai acompañada de lesións visíbeis e relativamente duradeiras.
- Exemplo: Ten un trastorno orgánico grave
.
- Exemplo: Ten un trastorno orgánico grave
- (Química) Dito dunha substancia, que contén carbono combinado con hidróxeno, oxíxeno e/ou nitróxeno, que se encontra fundamentalmente nos organismos animais e vexetais.
- Exemplo: Materias orgánicas. Química orgánica
.
- Exemplo: Materias orgánicas. Química orgánica