tecido
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /te.ˈθi.ðo̝/ (estándar) ou /te.ˈs i.ðo̝/ (seseo) (AFI)
tecido (sg: tecido; pl: tecidos)
- Material obtido ao tecer fíos ou fibras nun tear manual ou industrial.
- (Bioloxía) e (Medicina) Conxunto de células da mesma natureza, diferenciadas dunha maneira determinada, ordenadas regularmente e que desempeñan en conxunto unha determinada función nun organismo.
Termos relacionados
- Botánica: tecido absorbente, tecido acuífero, tecido asimilador, tecido celular, tecido condutor, tecido criboso, tecido de recheo, tecido de transfusión, tecido fundamental, tecido inerte, tecido mecánico, tecido nutricio, tecido reservante, tecido vascular.
- Zooloxía: tecido adiposo, tecido cartilaxinoso, tecido celular, tecido conxuntivo, tecido epitelial, tecido fibroso, tecido linfático, tecido muscular, tecido nervioso, tecido óseo.