estrutura secundaria
Aparencia
Galego
- (Histoloxía vexetal) Estrutura interna das raíces adultas das ximnospermas e das dicotiledóneas, orixinada grazas á actividade do cámbium e o felóxeno. O primeiro, situado no cilindro central, produce leño cara o interior e galego ou codia secundaria cara o exterior; o segundo, que aparece na codia, produce células parenquimáticas cara o interior e células que se transforman en súber cara o exterior. A actividade de ambos os meristemos (cámbium e felóxeno) fai engrosar a raíz.
- (Bioquímica) Enrolamento da cadea de aminoácidos nunha hélice ou nunha lámina pregada.