mineral
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do latín medieval minerale, do adxectivo latino mineralis.
Pronuncia: /minɛˈɾal/ (AFI)
Adxectivo
- (Xeoloxía) Dise da materia que non forma parte dos seres vivos.
- Exemplo: O concepto de materia mineral oponse ao de materia viva ou materia orgánica.
Substantivo masculino
- (Xeoloxía) Substancia natural, sólida, cristalina, de composición química definida (ou que pode variar entre límites estreitos) e que ten unhas propiedades físicas tamén definidas.
- Exemplo: A parte da xeoloxía que se dedica ao estudo dos minerais é a mineraloxía.
Observacións
Segundo esta definición, as substancias líquidas ou gasosas presentes na Terra, así como as sólidas non cristalinas, non son consideradas minerais, nin tampouco as obtidas artificialmente. Así e todo, ás veces, algunhas das primeiras, como o carbón e o petróleo, si se consideran.