estigma
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín stigma, 'marca feita na pel cun ferro candente', 'nota infamante', e esta do grego antigo στίγμα stígma.
- Pronuncia: /es.'tiɡ.ma̯/ (AFI)
estigma (sg: estigma; pl: estigmas)
- Marca ou sinal no corpo.
- Afrenta, mala fama.
- Pegada impresa sobrenaturalmente no corpo dalgúns santos, como símbolo da participación das súas almas na pasión de Cristo.
- Marca imposta con ferro candente, na antigüidade, ben como pena infamante, ben como signo de escravitude.
- (Botánica) Corpo situado na parte superior do pistilo que recibe o pole no acto da fecundación das plantas.
- (Medicina) Lesión orgánica ou trastorno funcional que indica enfermidade constitucional e hereditaria.
- (Zooloxía) Cada un dos pequenos orificios que ten o tegumento dos arácnidos, insectos e miriápodos, polos que entra o aire no seu aparato respiratorio.