funcional

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /fuŋ.θjo.ˈnal/ (AFI)

Adxectivo

funcional (sg: funcional; pl: funcionais)

  1. Relativo ou pertencente á función ou ás funcións.
    • Exemplo: Competencia funcional. Dependencia funcional. Enlace funcional. Procedemento funcional.

  2. (Arquitectura) Edificio que segue un certo movemento ou escola en que a estética dos elementos supedítase ás funcións para a que estes están concibidos.
    • Exemplo: Hospital funcional. Mercado funcional

      .
  3. (Bioloxía) e (Medicina) Trastorno na función dun órgano.
  4. (Bioloxía) e (Medicina) Pertencente ou relativo ás funcións biolóxicas ou psíquicas.
    • Exemplo: Recuperación funcional

      .
  5. (Medicina) Dito dun síntoma ou dun trastorno, que comporta unha alteración morbosa dos órganos non acompañada de lesións visíbeis, e que é, por tanto, susceptíbel de desaparición rápida e total.
  6. (Coloquial) Dito dunha obra ou dunha técnica, que é adecuada aos seus fins.
    • Exemplo: A remodelación das beirarúas fíxose con criterios funcionais

      .
  7. (Coloquial) Dito dunha cousa, que está deseñada atendendo, sobre todo, á facilidade, utilidade e comodidade do seu emprego.

Observacións

Termos relacionados