ferro
Aparencia
Galego
Pronuncia: /ˈfɛ.ro̯/ (AFI)

ferro
(sg: ferro; pl: ferros)
- (Química) Elemento químico metálico de símbolo Fe, número atómico 26, e masa atómica 55,847, moi dúctil, tenaz e maleábel a temperatura ambiente, pero sen elasticidade. É ferromagnético, cunha permeabilidade magnética moi elevada. Está presente en toda a materia viva, xa que é esencial para mantela.
- Obxecto ou instrumento deste metal.
- Parte metálica dunha arma ou dunha ferramenta.
- Aparello electrodoméstico que, por efecto da calor e do peso, seve para quitar engurras da roupa.
- Marca que se lle fai na pel, con ferro quente, a certos animais domésticos.
Termos relacionados
férrico, ferro de pasar, ferro forxado, ferrocarril, ferroviario, ferrollo, ferroso, bater en ferro frío, mallar en ferro frío, de ferro, Idade de Ferro, man de ferro, óxido de ferro (III), pasar o ferro, quitar ferro, sacar ferro, sulfato de ferro (II) hidratado, sulfato de ferro (III)
ferros
Traducións
- Alemán: Eisen (de).
- Castelán: hierro (es).
- Esperanto: fero (eo)
- Francés: fer (fr).
- Ido: fero (io).
- Inglés: iron (en).
- Italiano: ferro (it).
- Neerlandés: Ijzer (nl).
- Portugués: ferro (pt).
- Sueco: Järn (sv).
- Vasco: burdina (eu).
