Saltar ao contido

constitucional

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /koŋs.ti.tu.θjo.'nal/ ou /koŋs.ti.tu.sjo.'nal/ (AFI)

Adxectivo

constitucional
(sg: constitucional; pl: constitucionais)

  1. Pertencente ou relativo á Constitución dun Estado.
    • {{exemplo|Preceptos constitucionais.
  2. Que se axusta á Constitución.
    • Exemplo: Esta lei é plenamente constitucional.

  3. Pertencente ou relativo á constitución de algo ou de alguén.
    • Exemplo: A súa gordura é constitucional.

Termos relacionados

dereito constitucional, garantías constitucionais, goberno constitucional, monarquía constitucional