corvo mariño
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈkɔɾβo maˈɾiɲo/ (AFI)
corvo mariño (sg: corvo mariño; pl: corvos mariños)
- (Ornitoloxía) Nome común das aves pelecaniformes da famila dos falacrocorácidos, que son aves acuáticas grandes, de plumaxe escura e bico longo, coa punta ganchuda, que voan en formacións en "V", coma os patos e gansos. Nadan co corpo mergullado até a altura da cola. Aliméntanse de peixes, que capturan mergullándose. É frecuente velos pousados nos cons coas ás entreabertas, en postura característica, para secaren as plumas, xa que non teñen glándulas de graxa impermeabilizante, coma os anátidos. En Galicia habitan dúas especies, o corvo mariño cristado e o corvo mariño real.
-
Corvo mariño de crista dupla, Phalacrocorax auritus, especie norteamericana e das Antillas, pousado secando as ás.
-
Corvo mariño real, Phalacrocorax carbo, pousado no fondo dunha ría.
-
Corvo mariño levantando o voo desde a auga.
-
Corvo mariño de patas vermellas, Phalacrocorax gaimardi, da costa oeste de América do Sur.