graxa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «graxa».
  • Etimoloxía: do latín vulg. grassa.
  • Pronuncia: /ˈɡɾaʃa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

graxa (sg: graxa; pl: graxas)

  1. Manteiga, pingo, unto ou sebo dun animal.
  2. (Bioquímica) Nome daquelas substancias orgánicas formadas pola combinación de ácidos graxos (de 4 ou máis átomos de carbono) e glicerina. Está presente nos organismos animais e vexetais, ás veces concentrada en tecidos especializados ou zonas de depósito. Como compoñente dos alimentos, ten unha función esencialmente enerxética.
  3. Lubricante composto de graxa.

Adxectivo

graxa (ms: graxo; mpl: graxos; fs: graxa; fpl: graxas)

  1. Feminino singular de graxo.

Véxase tamén

Traducións