ganso
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do gótico *𐌲𐌰𐌽𐍃, do protoxermánico *gans, do protoindoeuropeo *ǵʰh₂éns.
- Pronuncia: /ˈɡanso̝/ (AFI)
ganso (ms: ganso; mpl: gansos; fs: gansa; fpl: gansas)
- (Ornitoloxía) Ave anseriforme da familia dos anátidos, da que existen varias especies, a maioría delas pertencentes ao xénero Anser, pero tamén outras parecidas integradas nos xéneros Branta (ambos os dous xéneros da subfamilia dos anserinos), e Alopochen, que pertence a outra subfamilia, a dos tadorninos. Son máis corpulentas que os patos e máis repoludas que os cisnes.