corvo mariño real
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de corvo mariño e real.
- Pronuncia: /ˈkɔɾβo maˈɾiɲo reˈal/ (AFI)
corvo mariño real (sg: corvo mariño real; pl: corvos mariños reais)
- (Ornitoloxía) Ave pelecaniforme da familia dos falacrocorácidos, Phalacrocorax carbo Linné, de gran tamaño (até 76 cm de lonxitude), coa plumaxe negra, parecido ao corvo mariño cristado do que se diferencia, ademais de polo seu maior tamaño, polo pescozo proporcionalmente máis curto e groso e o peteiro maior e amarelo na base, por presentar as meixelas e a barbela brancos, e por non ter adornada a cabeza con crista na época nupcial, e si en cambio unha mancha branca nas coxas. Distribúese polo sur de Europa, Asia, África e Oceanía. En Galicia é visitante invernal (de setembro a marzo), polo que non aniña aquí.
- Sinónimos: alavanco, corvo mariño grande, lavanco, gouma.
Galería
-
Voando a ras de terra nun esteiro, en Gales, Reino Unido.
-
Pousado no chan, no Canal Albert, Bélxica
Traducións
- Alemán: Kormoran (de), Kormoran Art (de) (distínguese así, cando é preciso, o xenérico Kormoran do nome da especie (Art) Phalacrocorax carbo)
- Castelán: cormorán moñudo (es)
- Catalán: corb marí gros (ca)
- Francés: grand cormoran huppé (fr), cormoran commun (fr)
- Inglés: great cormorant (en), great black cormorant (en) (hemisferio norte), black cormorant (en) (Australia), black shag (en) (Nova Celandia)
- Italiano: cormorano (it)
- Portugués: corvo-marinho-de-faces-brancas (pt), cormorão (pt)
Véxase tamén
- Vexa o artigo «corvo mariño cristado» na Galipedia.