Saltar ao contido

chuchar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /t͡ʃu.'t͡ʃaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

chuchar

  1. Sacar unha substancia, polo xeral un líquido, e levala á boca, empregando os labios e a lingua e succionando.
    • Exemplo: As abellas chuchan o néctar das flores

      .
  2. Realizar movementos de succión sobre algo que se pon entre os labios ou se introduce na boca.
    • Exemplo: Chuchei o caramelo no cine.

  3. Absorber auga ou outro líquido.
    • Exemplo: Os eucaliptos chuchan moita auga.

  4. (Figurado) Quitar algo a alguén dunha maneira xeralmente abusiva.
    • Exemplo: Os rapaces chucháronlle os cartos ao vello e despois abandonárono.

  5. (Figurado) Facer débil ou fraco a alguén.
    • Exemplo: Tanto traballo chuchan aos empregados.

  6. (Figurado) Darlle moitos beixos a alguén.
    • Exemplo: A niñeira está chuchando ao bebé continuamente.

  7. (Figurado) Incorporar un tecido orgánico materias ou substancias externas.
    • Exemplo: As plantas verdes chuchan o CO2 na fotosíntese.

  8. (Figurado) e (Deportes) Nos deportes de equipo, ter moito tempo o balón.
    • Exemplo: Ese dianteiro chucha continuamente o balón, é un chupón.

Observacións

Termos relacionados

chuchar da teta, chuchar o dedo, chuchar o sangue.

Verbo pronominal

chucharse

  1. Ir facéndose máis débil ou fraco.
    • Exemplo: Ao ir para vello, chuchouse pouco a pouco.