cartón
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /kaɾ.'toŋ/ (AFI)
cartón
(sg: cartón; pl: cartóns)
- Material elaborado cunha ou varias capas de pasta de papel, ou co prensado de follas de papel húmidas, colocadas unhas sobre outras, que é máis groso, ríxido e resistente ca este.
- Exemplo: Unha caixa de cartón.
- Exemplo: Unha caixa de cartón.
- Obxecto plano, de forma rectangular e feito de cartolina ou de plástico, no que figuran os datos da persoa á que pertence.
- Recipiente para conter determinados produtos.
- Exemplo: Ponme seis cartóns de leite. Comprei un cartón de cigarrillos
.
- Exemplo: Ponme seis cartóns de leite. Comprei un cartón de cigarrillos
- (Arquitectura) Motivo decorativo prominente, colocado na clave do arco romano, que adoita levar superposta unha folla de acanto.
- (Deportes) Cartolina que os árbitros ou os xuíces de diversas modalidades deportivas usan para comunicar determinadas sancións.
- Exemplo: O árbitro mostroulle cartón amarelo pola súa dura entrada
.
- Exemplo: O árbitro mostroulle cartón amarelo pola súa dura entrada
- (Metroloxía) Medida empregada polos pescadores equivalente á cuarta parte de algo.
- (Pintura) Debuxo sobre papel ou lenzo, ás veces en color, dunha composición ou figura, executado no mesmo tamaño que ten que ter a obra de pintura, mosaico, etc., para a que servirá de modelo.