capa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈka.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

capa (sg: capa; pl: capas)

As capas da atmosfera
Hórreo con grandes capas
  1. Peza de roupa de abrigo, de la ou de plástico, sen mangas e aberta por diante, que se vai facendo máis grande desde o pescozo até abaixo dos xeonllos.
    • Exemplo: O cabaleiro ía de capa e sombreiro.

  2. Aquilo que cobre algunha cousa.
    • Exemplo: Una capa de nieve. Unha capa de pintura. A torta tiña enriba unha capa de azucre.

  3. Zona superposta a outra ou a outras, coas que forma un todo.
    • Exemplo: As capas da atmosfera. As capas da Terra son a litosfera, o manto e o núcleo.

  4. Folla tersa de tabaco que é a envoltura do cigarro puro.
    • Exemplo: As opererias cubanas poñen a capa dos cigarros puros enrolándoos sobre os xeolllos.

  5. Cor dos cabalos e outros animais.
    • Exemplo: Montaba un cabalo de capa branca. Os touros das corridas adoitan ser de capa negra.

  6. Pretexto ou aparencia coa que se encobre algo, como una cualidade, unha falta un erro ou una intención.
    • {{exemplo|Oculta a súa ignorancia baixo unha capa de erudición.}
  7. Porción dunha materia que se estende de maneira uniforme sobre outra.
    • Exemplo: Unha capa de cemento.

  8. Pedra do muíño que xira sobre outra fixa, chamada .
    • Exemplo: Partiuse a capa

      .
  9. Pedra grande e plana que se coloca sobre os pés do hórreo.
    • Exemplo: O neno subiuse ás capas da cabaceira

      .
  10. Lousa que remata un muro.
    • Exemplo: Fixeron un cerrado de pedra e só lles falta colocar as capas.

Observacións

Galego

  • Pronuncia: /ˈka.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

capa (sg: capa; pl: capas)

  1. Capadura.
    • Exemplo: Para a capa do porco chamamos a un capador

      .