adrenalina
Galego

Etimoloxía: do inglés adrenaline, e este do latín ad, 'xunto a', o latín tardío renālis 'renal' e o inglés -ine. '-ina'.
Pronuncia: /a.dɾe.na.ˈli.na/ (AFI)
Substantivo feminino
adrenalina (sg: adrenalina; pl: adrenalinas)
- (Fisioloxía) A adrenalina é unha hormona vasoactiva, un neurotransmisor da familia das catecolaminas segregada en situacións de alerta polas cápsulas das glándulas suprarrenais e actúa sobre o metabolismo, o sistema nervioso central e os aparatos circulatorio e respirartorio. Prepara o organismo para grandes esforzos físicos, estimula o corazón, eleva a tensión central, relaxa certos músculos e contrae outros
- (Medicina) Medicamento feito con esta hormona que se utiliza no tratamento da asma e de reaccións alérxicas agudas, na reanimación cardíaca e como medio coadxuvante da anestesia local, pola su acción vasoconstritora.
- (Figurado) Carga emocional intensa.
- Exemplo: Descargou adrenalina. Subiulle a adrenalina.
- Exemplo: Descargou adrenalina. Subiulle a adrenalina.