Saltar ao contido

cápsula

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cápsula».
  • Pronuncia: /ˈkapsula̝/ (AFI)

Substantivo feminino

cápsula (sg: cápsula; pl: cápsulas)

Medicamento en forma de cápsulas
  1. (Botánica) Froito dehiscente en forma de bolsa.
    • Exemplo: As papoulas teñen o froito en cápsula.

  2. (Farmacia) Presentación dalgúns medicamentos no interior dun envoltorio soluble para tomar por vía oral.
    • Exemplo: Tómese unha cápsula despois de cada comida.

  3. (Anatomía) Membrana que rodea unha articulación e impide que os segmentos óseos se despracen en exceso.
  4. (Microbioloxía) Capa que recobre algunhas bacterias por fóra da parede celular (cápsula bacteriana)
    • Exemplo: A cápsula contén auga e protexe a bacteria contra o desecamento.

  5. Espazo no que se sitúan os astronautas nunha nave espacial.
    • Exemplo: A explosión produciuse no momento en que a cápsula entrou na atmosfera.

Termos relacionados

Traducións