aparato
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do latín apparātus, -ūs. (preparación, preparativos; pompa, suntuosidade).

Pronuncia: /apaˈɾato̯/ (AFI)
Substantivo masculino
aparato (sg: aparato; pl: aparatos)
- (Tecnoloxía) Obxecto constituído por varias pezas montadas entre si que cumpren, en conxunto ou unha tras outra, unha función determinada.
- (Bioloxía) Conxunto de órganos e tecidos que cumpre unha función determinada.
- Exemplo: Éche o mellor especialista en aparato dixestivo.
- Sinónimos: aparello.
- Termos relacionados: aparato dixestivo, aparato excretor, aparato reprodutor, aparato respiratorio, sistema (sistema nervioso), aparato de Golgi.
- (Política) Conxunto de organismos ou colectivos que concorren para cumprir un mesmo fin.
- Exemplo: Un cambio de goberno non pode poñer en perigo o aparato do Estado.
- Grandeza e luxo vaidosos que se visualizan nun acto.
- Sinónimos: fasto, ostentación, pompa.
Observacións
Aínda que algúns autores empregan, en determinados contextos, os termos aparato e aparello como sinónimos, en galego, como noutros idiomas romances, talvez cumpriría facer a distinción entre aparello, no sentido de dispositivo, mecanismo, etc., e aparato, co significado de pompa, boato, ostentación, etc. Así falaremos de aparello dixestivo ou de aparello de Golgi. Cf. portugués aparato/aparelho; catalán aparat/aparell, francés apparat/appareil.