Saltar ao contido

glándula suprarrenal

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Situación das glándulas suprarrenais

Locución substantiva feminina

glándula suprarrenal

  1. (Anatomía) e (Fisioloxía) Nos mamíferos, as glándulas suprarrenais son glándulas endócrinas que están situadas sobre a parte superior dos riles. Nos humanos a glándula suprarrenal dereita ten forma triangular, e a esquerda, semilunar. Son principalmente responsábeis da produción e liberación de hormonas en resposta ao estrés. Son corticosteroides (por exemplo o cortisol) e catecolaminas (por exemplo, a adrenalina). As glándulas suprarrenais actúan sobre a función renal por medio da secreción da hormona aldosterona, que está implicada na regulación da osmolaridade do plasma sanguíneo.

Sinónimos

glándula adrenal