Saltar ao contido

segregar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /se.ɡɾe.ˈɡaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

segregar

  1. Separar ou apartar a alguén dun grupo do que formaba parte, ou a algo doutra ou outras cousas.
    • Exemplo: A Directiva decidiu segregalo da organización.

  2. Separar e marxinar a unha persoa ou a un grupo de persoas por motivos raciais, sociais, políticos ou culturais.
    • Exemplo: Nos Estados Unidos, pese aos avances nos últimos anos, aínda hai xente que segrega aos negros.

  3. (Fisioloxía) Expulsar unha glándula ou un órgano unha substancia producida por estes.
    • Exemplo: As glándulas endócrinas verten directamente ao sangue os produtos que segregan.

Termos relacionados

segregábel, segregable, segregación, segregacionismo, segregacionista

Verbo pronominal

segregarse

  1. Illarse, afastarse.
    • Exemplo: Unha facción do partido segregouse no IV congreso

      .

Antónimos

unificarse